Máis información sobre Verdía Asesores
Un equipo técnico formado, potenciado con tecnoloxía

A experiencia de escoitar. O valor de asesorar.
ASESORÍA E CONSULTORÍA con sede en A Coruña.
Desde 1978, acompañamos a empresas, profesionais, emprendedores e particulares na toma de decisións que fan avanzar os seus proxectos.
En Verdía Asesores e Consultores combinamos experiencia e visión para ofrecer solucións nos ámbitos fiscal, contable, financieiro, legal y laboral, adaptadas a cada realidade e necesidade. Traballamos con empresas de todos os tamaños e sectores, tanto públicas como privadas, en España e no exterior. A nosa sede está na Coruña, pero o noso alcance chega alí onde os nosos clientes nos necesitan.
Contamos cun equipo multidisciplinar e unha infraestrutura técnica en constante evolución, que nos permite responder con axilidade, rigor e cercanía. Participamos en proxectos singulares, xestionamos subvencións e prestamos apoio en áreas complementarias como seguros, auditorías ou relacións institucionais.
Máis de catro décadas despois, seguimos co mesmo propósito: ofrecer asesoramento con criterio, solucións con valor e unha enerxía que impulsa cada empresa hacia o futuro.
FUNDACIÓN FRANCISCO VERDÍA
Ao servizo da sociedade
En outubro de 2004, créase a Fundación como unha entidade sen ánimo de lucro e personalidade xurídica propia. En 2005, é recoñecida como fundación de interés galego e benéfico-social por la Xunta de Galicia, quedando baixo o Protectorado da Consellería de Innovación, Industria e Comercio.
Os dous grandes campos de actuación da Fundación, aos que se configuran diversos programas e actuacións en colaboración con outras entidades e institucións, son:
Innovación e Investigación científica, industrial e tecnolóxica
Fomento e desenvolvemento de innovación, investigación, xestión e difusión dos coñecementos adquiridos, que axudan á creación ou perfeccionamento de produtos, servicios ou procesos.
Prestación de servizos e apoio formativo, educativo e ocupacional
Para mellorar a calidade de vida de colectivos desfavorecidos, promovendo e facilitando a integración no mundo laboral con dificultades físicas, psíquicas, educativas ou de exclusión social.
Os beneficiaros da Fundación deben demandar servizos ou apoios promovidos por esta e, ademáis, ser:
- Persoas que realicen ou desenvolvan unha actividade en Galicia ou residan nela.
- Entidades de nacionalidade española, dotadas de personalidade xurídica, que desenvolvan en Galicia unha actividade que leve a cabo a Fundación.

MISIÓN, VISIÓN E VALORES
O noso compromiso contigo
A nosa misión é contribuir ao desenvolvemento de empresas e persoas mediante un enfoque profesional, ético e colaborativo que converta cada desafío nunha oportunidade de mellora continua.
Visualizamos construir un futuro onde a asesoría combine experiencia e tecnoloxía para ofrecer un servizo máis humano, eficiente e orientado ao éxito dos nosos clientes.
Compromiso
Estamos ao teu lado. Implicámonos no teu proxecto como se fora propio .
Rigor
Ofrecemos solucións precisas, sostidas no coñecemento e na experiencia.
Cercanía
Cremos nas relacións humanas, en escoitar e comprender antes de actuar.
Transparencia
Actuamos con honestidade, claridade e coherencia.
Innovación
Evolucionamos constantemente, integrando novas ferramentas e enfoques que aportan valor.
Confidencialidade
Coidamos a información dos nosos clientes.
